Aviso Legal

Características do sitio web

O sitio web do Encontro Galego de Relacións Laborais ofrece información en Internet sobre a súa natureza, funcións e actividades. Así mesmo, ofrece información puntual sobre aquela actividade que considera de interese para as usuarias e os usuarios e para o público en xeral.

Propiedade intelectual

O CGRL é o titular do dominio encontrogalegorrll.com.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos elementos nel contidos pertencen ao CGRL.

Os contidos e documentos obtidos deste sitio web sométense ás normas habituais de citación para traballos científicos e técnicos.

Privacidade e protección de datos persoais

A política de privacidade baséase en solicitar só os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos da web ás súas usuarias e usuarios.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realicen a través da web estarán suxeitos ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e ao resto da normativa de aplicación.

Os datos que se recollan das usuarias e usuarios da web (a través de caixas de correo e/ou formularios de contacto ou suxestións e similares) tratáranse informaticamente e arquivaranse co consentimento das persoas interesadas, que teñen dereito a decidir quen pode ter os seus datos, a saber para que os usa, a solicitar que sexan exactos e que se empreguen para o fin co que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente. Os servizos do CGRL encargados de responder ás consultas que lles fagan as usuarias y usuarios atenderán a finalidade dos datos recollidos e a política de privacidade, sen divulgar os datos para outros fins.

Contacto

Rúa da Algalia de Abaixo, 24,
15704 Santiago de Compostela,
A Coruña

981 54 16 02
info.cgrl@xunta.es